Máster Arqueoloxía

Máster Interuniversitario en Arqueoloxía e Ciencias da Antigüidade

Presentación

Este máster interuniversitario, coordinado pola Universidade de Santiago de Compostela, impártese xunto coa Universidade de Vigo e ten un dobre perfil, profesionalizante e investigador. Na súa concepción ten como obxectivo capacitar aos alumnos para afrontaren actividades arqueolóxicas reguladas pola normativa vixente na Comunidade Autónoma de Galicia. Así entre outros: prospeccións, sondaxes, escavacións arqueolóxicas, xestión e identificación de materiais, así como a aplicación de diferentes técnicas arqueométricas e as novas tecnoloxías neste ámbito de coñecemento.

Ao mesmo tempo, o máster ten como obxectivo achegar ao alumnado á investigación no eido da prehistoria e o mundo antigo a través das fontes arqueolóxicas e literarias. Cubre os ámbitos fundamentais da investigación en Prehistoria e Arqueoloxía de Galicia e tamén da Antigüidade clásica.

Deberase adquirir a formación necesaria nas diversas disciplinas para poder afrontar con éxito unha tese de doutoramento na área da arqueoloxía, prehistoria, historia antiga ou epigrafía.


A quen vai dirixido?

Pódese realizar dende calquera titulación universitaria.


Equipo docente

O profesorado deste máster ten unha recoñecida experiencia nacional e internacional neste ámbito.


Habilidades e competencias

O máster orienta cara o exercicio de calquera tipo de actividade arqueolóxica, entre outras traballo de campo e laboratorio, divulgación, museos, administracións, etc. Convén lembrar que a arqueoloxía é, nestes momentos, a única práctica profesional da área de humanidades especificamente regulada por unha normativa legal.

INFORMACIÓN DE INTERESE

Duración: 1 ano
Orientación: Profesional e investigadora
Tipo de docencia: Presencial
Lugar: Facultade de Xeografía e Historia da USC
Precio total: UE: 1.300 € aprox. / No UE: 3.700 € aprox.
Número de plazas: 25
(Cupo de plazas para a UVIGO: 7)

COMISIÓN ACADÉMICA DA UVIGO:

Susana Reboreda Morillo | Beatriz Comendador Rey | Fermín Pérez Losada | Ladislao Castro Pérez | Adolfo Fernández Fernández

Coordinador USC:

Pedro Barja de Quiroga
pedro.barjadequiroga@usc.es

Coordinadora UVIGO:

Beatriz Comendador Rey
beacomendador@uvigo.es

Persoa de contacto na Facultade de Historia de Ourense (UVIGO)

Josefa Rodríguez Bouzas
988368893
popinfo@uvigo.es


Admisión de estudantes

Para acceder ao ensino oficial de master será necesario estar en posesión dun título universitario oficial español ou outro expedido por unha institución de educación superior do Espazo Europeo de Educación Superior que facultan no país expedidor do título para o acceso ao ensino de master.

Requisitos de admisión específicos e/ou criterios de valoración

O órgano que decidirá sobre a admisión de alumnos/as será a comisión académica do master. Poderán acceder os/as titulados/as conforme a sistemas educativos alleos ao Espazo de Educación Superior sin necesidade da homologación dos seus títulos, previa comprobación pola Universidadede que aqueles acreditan un nivel de formación equivalente aos correspondentes títulos universitarios oficiáis españois e que facultan no país expedidor do título para o acceso ás ensinanzas de posgrao. O acceso por esta vía non implicará, en ningún caso, a homologación do título previo de que esté en posesión o/a interesado/a, nin o seu recoñecemento a outros efectos que o de cursar o máster.


Programa

O plan de estudos deste máster articúlase en torno a catro módulos dentro dos que se agrupan as diferentes materias que o integran e que suman un total de 60 créditos:

Módulos Créditos
1. Xeral 27 ECTS obrigatorios
2. Arqueoloxía 30 ECTS optativos
3. Historia do Mundo Clásico 18 ECTS optativos
4. Traballo Fin de Máster   9 ECTS obrigatorios

O alumno deberá cursar os 27 créditos obrigatorios correspondentes ao módulo xeral e escoller 24 créditos entre os módulos 2 e 3 ou ben cursar todas as materias dun deses módulos. Por último, deberá realizar o Traballo Fin de Máster correspondente a 9 créditos obrigatorios.

O réxime de docencia é presencial, e resérvanse 7 prazas para a modalidade de tempo parcial.

As linguas de impartición do máster son o castelán e o galego.

O alumnado ten a posibilidade de realizar prácticas externas optativas (6 ECTS) en diversas institucións como, entre outras, o museo arqueolóxico provincial de Ourense, museo do Pobo Galego, dirección xeral do Patrimonio Cultural, ou ben en empresas de arqueoloxía como Prospectiva y Análisis Arqueólogos, S.L.P; A Citania S.L.; Xestión de Patrimonio, AKMÉ;Argos S.L. etc.

As actividades académicas comezan a principios de setembro. Para máis información, consultar a páxina da Facultade.


Máis información sobre o máster (USC)

Web propia (USC)



Información xeral (USC)

Admisión e matrícula
Bolsas e axudas
Normativa
Teléfonos: 881 812 000 - 982 823 581 | Contacto